Cando emma coñece a charles bovary, un médico da vila, pensa que vivirán unha grande historia de amor. non obstante, despois de casar, emma desencántase, o matrimonio non é como imaxinaba. ela quere luxo, paixón, aventuras... emma buscará noutros homes aquilo que o seu marido non lle dá: un amor pasional, como o das novelas que le. ademais, fará todo o posible por vivir rodeada de luxos, aínda que sexa algo que non poida permitirse. non obstante, finalmente, será feliz madame bovary? madame bovary é unha historia de amor, de paixóns... dunha muller para a que nunca nada é suficiente.
